Que é un banco de tempo

Un banco de tempo é un sistema de intercambio de servizos por tempo. Nel a unidade de intercambio non é o diñeiro habitual senón unha medida de tempo, por exemplo o traballo por hora. É un sistema de intercambio de servizos por servizos ou favores por favores. Propón a vantaxe de fomentar as relacións sociais e a igualdade entre distintos estratos económicos. Exponse o uso deste tipo de economía para solucionar diversos problemas presentes na economía de mercado, a modo de economías complementarias ou mercados alternativos. Actualmente estes proxectos poden ser potenciados co soporte da tecnoloxía da información e abordados incluso en termos de préstamos e inversións.  

DEMANDAS

Engade a túa solicitude de  facendo click en comentarios. Non é necesario inscribirse ou ter unha conta. Podese engadir de xeito anónimo, sempre que non se incurra na ilegalidade.

OFERTAS

Engade a túa oferta facendo clic en comentarios. Non é necesario inscribirse ou ter unha conta. Podese engadir de xeito anónimo, sempre que non se incurra na ilegalidade.

Como funciona este banco de tempo

Esta páxina web é unha Rede de Intercambio de servizos para particulares de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Consiste nun Troco de actividades e prestacións de tempo por especialidades ou habilidades.

NON TES QUE CREAR UNHA CONTA
escribe directamente facendo click en comentarios tamén de xeito anónimo
servicio directo e gratuito

O cartos de tempo son unha nova moeda para proporcionar unha solución aos recortes masivos do gasto público en materia de benestar social, pero sen recorrer á intervención estatal da economía, senón ao contrario, a partir da liberdade de acción económica. Expón que o diñeiro convencional actualmente non é suficiente para arranxar todos o problemas que enfrontan as sociedades. Pretende axudar á precariedade imposta polos mercados financieiros e a inaptitude da meirande parte dos dirixentes políticos mundiais, A idea para esta plataforma  é crear un intercambio de servizos sendo unha hora de traballo de calquera especialidade a moeda de troco. Entenderase como valor dunha hora calquera prestación entre 31 e 60 minutos, podendose considerar fraccións de media hora. Valoranse as contribucións por igual para potenciar ás habilidades das persoas, cunha hora equivalente para todalas especialidades. A responsabilidade das persoas que se impliquen neste proceso prevalecerá como criterio ético. Calquera infracción será informada polos perxudicados nesta mesma plataforma.
Organizacións máis elaboradas empregan listados de préstamos de tempo e outros listados de inversión en tempo de horas de traballo para intercambiar cando o inversor o necesita. É un traballo que  require asociar ou incribir aos interesados, crear unha base de datos, e que necesitaría horas invertidas en organización e mantemento.
Neste Banco de tempo ofrecese a posibilidade de promocionar iniciativas e que cada individuo de xeito persoal ofreza o seu servizo directamente publicando a oferta ou demanda facendo click no apartado comentarios en OFERTA ou DEMANDA escribindo de xeito anónimo, ou non, a túa especialidade ou habilidade e a forma de contacto que prefiras.

A listaxe de servizos

As suxestións para comezar poden ser as seguintes ademais das que a ti consideres que se poden engadir e que non incorran na ilegalidade imposta polo decreto 182/2008

- Manexo de novas tecnoloxías.
- Axuda coas tarefas escolares.
- Realización de tarefas ou reparacións domésticas.
- Axuda para xestionar calquera tipo de trámite administrativo.
- Transporte e axuda en desprazamentos a hospitais, recados, compras…
- Atención a nenos (3 anos en diante)
- Atención a persoas maiores
- Atención a persoas con minusvalía ou discapacidade
- Atención á necesitado
- Atención ou coidado de animais
- Axuda as labores agrícolas temporais
- Cociñar
- Traballo doméstico/limpeza
- Facer recados
- Clases particulares
- Coser
- Levar nenos ao colexio
- Apoio en xeral
- Clases e talleres; filosofía, informática, música,..
- Computadores e novas tecnoloxías
- Conversación, línguas - galego, árabe - castelán, chinés - inglés, galego  etc
- Idiomas e tradución de documentos
- Tutoría, apoio e consello
- Tarefas administrativas e de xestión
- Asesoramento
- Formación en audiovisuais
- Clases de vea
- Consellos no coidado de animais
- Traballos de xardinaría ou patio
- Pintura
- Tarefas de albanelaría
- Tarefas de carpintaría
- Tarefas de electricidade
- Pequenas reparacións e bricolaxe
- Acompañamento en actividades de ocio, lecer e tempo libre.
- Acompañamento en actividades creativas e de diversión, xardinería, pintura, 

- lectura de   libros…
- Manualidades
- Entretemento
- Fotografía e vídeo
- Pintura, debuxo, escultura, teatro, poesía…
- Axuda na realización de material audiovisual
- Asesoramento e colaboración artística
- Percusión/danzas africanas, e doutras culturas
- Culturas tradicionais
- Consellos
- Dieta/nutrición/naturopatía
- Saúde física e exercicio
- Servizos médicos
- Ioga, Tai-Chi/meditación
- Terapias complementarias, de relaxación
- Acupuntura
- Servizos de enfermaría puntuais
- Paseos en barco
- Visitas a casa
- Facer recados médicos
- Realizar chamadas telefónicas
- Para saír, pasear, ir á praia, a actividades culturais
- Libros e vídeos
- Baile
- Eventos
- Xogos
- Deportes
- Viaxes
- DJ música
- Malabares (Pelotas, paus chineses, diávolo, …)
- Limpeza, reciclaxe
- Proxectos especiais
- Colaboración con asociacións
- Axudar e colaborar con este Banco do Tempo
- Axudar e colaborar en Banco do Tempo Escolar
- A nivel asociativo intercambiar con outras asociacións ou entidades dos municipios
- Mediador / intérprete
- Traballo de oficina
- Ordenadores, Informática
- Servizos financieiros
- Servizos legais
- Investigación de negocios
- Recados e compras
- Local
- Citas medicas
- transporte de persoas ou mercancias

engade en comentarios máis actividades ou suxestións: