Como funciona este banco de tempo

Esta páxina web é unha Rede de Intercambio de servizos para particulares de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Consiste nun Troco de actividades e prestacións de tempo por especialidades ou habilidades.

NON TES QUE CREAR UNHA CONTA
escribe directamente facendo click en comentarios tamén de xeito anónimo
servicio directo e gratuito

O cartos de tempo son unha nova moeda para proporcionar unha solución aos recortes masivos do gasto público en materia de benestar social, pero sen recorrer á intervención estatal da economía, senón ao contrario, a partir da liberdade de acción económica. Expón que o diñeiro convencional actualmente non é suficiente para arranxar todos o problemas que enfrontan as sociedades. Pretende axudar á precariedade imposta polos mercados financieiros e a inaptitude da meirande parte dos dirixentes políticos mundiais, A idea para esta plataforma  é crear un intercambio de servizos sendo unha hora de traballo de calquera especialidade a moeda de troco. Entenderase como valor dunha hora calquera prestación entre 31 e 60 minutos, podendose considerar fraccións de media hora. Valoranse as contribucións por igual para potenciar ás habilidades das persoas, cunha hora equivalente para todalas especialidades. A responsabilidade das persoas que se impliquen neste proceso prevalecerá como criterio ético. Calquera infracción será informada polos perxudicados nesta mesma plataforma.
Organizacións máis elaboradas empregan listados de préstamos de tempo e outros listados de inversión en tempo de horas de traballo para intercambiar cando o inversor o necesita. É un traballo que  require asociar ou incribir aos interesados, crear unha base de datos, e que necesitaría horas invertidas en organización e mantemento.
Neste Banco de tempo ofrecese a posibilidade de promocionar iniciativas e que cada individuo de xeito persoal ofreza o seu servizo directamente publicando a oferta ou demanda facendo click no apartado comentarios en OFERTA ou DEMANDA escribindo de xeito anónimo, ou non, a túa especialidade ou habilidade e a forma de contacto que prefiras.

No hay comentarios: